sábado, 7 de mayo de 2016

San Sadurniño

San Sadurniño é un lugar pequeno, pero con moitos lugares que visitar. Para empezar, San Sadurniño é o lugar onde vivo dende que nacín, onde fun á escola e onde coñecín aos meus amigos. Aínda que moita xente se pregunte como podo vivir aquí, a resposta é moi sinxela, porque me gusta. 
Se nunca estivestedes alí, eu recomendaríavos que o visitarades. A continuación poderedes pinchar nun enlace para obter máis información.

viernes, 6 de mayo de 2016

Que é Galicia para min?

Pois ben, todos sabemos que Galicia é un lugar moi fermoso, no que podemos disfrutar das praias tan expectaculares e ademais, é un lugar idóneo para relaxarse, xa que gozamos de un amplo espazo natural.


Galicia é un lugar que moitas persoas desprezan, de feito, moita xente mira aos galegos por encima do hombro e deixannos como incultos porque pensan que falar galego ou vivir en Galicia non é prestixioso. Sin embargo, en Galicia hai moreas de cousas que nos fan importantes; temos a Catedral de Santiago de Compostela, onde miles de peregrinos visitan ao ano a cidade. En Galicia temos a sorte de contar con grandiosos escritores como Manuel Rivas por exemplo. Hai cienastas importantes como Xisela Franco, entre outras moitas.
Galica é o lugar idóneo para vivir, de feito, eu non me iria a vivir a outro sitio que non fora Galicia, a pesar de que a chuvia sempre se apodere do verán. É un lugar donde poido estar tranquila, sin a acumulación de persoas como en hai en Barcelona, Madrid e grandes superficies, aquí teño o meu espazo.



Claro está que hai cousas que non me gustan, o tempo por exemplo, porque o malo de Galicia non é que choiva en inverno, senón que tamén o faga no verán. Pero pese a todo eso, as cousas boas, compensan o malo.