sábado, 16 de abril de 2016

O uso dos teléfonoso móbiles

Hoxe en día damoslle moita importancia ás novas tecnoloxías, xa ninguén sae da casa sin un teléfono móbil, todo o mundo ten un ordenador na casa e saben o que é internet.
No ano 2003, 29.000 nenos e nenas de entre 5 e 14 anos usaban teléfono móvil, comparámolo co ano 2007 que a cantidade subiu a 59.000. No ano 2015 un 67% de menores dispoñen de teléfono móbil, a medida que pasan os anos vemos como a cantidade vai subindo  o que quere decir, que dentro de unhos anos o 100% dos menores vaian a dispoñer do uso dos teléfonos móbiles ao seu antoxo.
O que se está conseguindo e que os nenos medren rodeados das novas tecnoloxías, o que non é malo sempre e cando se use con moderación, pero a mayor parte dos nenos o que fan e pasarse as horas xogando cos seus teléfonos móbiles, e deixan de saír á rúa a xogar cos seus compañeiros ou deixan de estudar.
Chegará un momento no que deixemos de comunicarnos entre nós e soamente o faremos a través de un obxeto, nas familias cada vez é menor a comunicación, e entre os amigos tamén.

Se queremos que dentro de 20 anos, ou incluso menos, estemos rodeados de móbiles, e se acabe a comunicación, estamolo a conseguir, e é unha pena.



Realmente é necesario chegar a tal extremo? Está nas nosas mans cambiar a situación, aínda estamos a tempo.

Que pasará co galego?

A pregunta que todos nos estamos a facer. Que pasará en Galicia dentro de 30 anos?
Pois a resposta é ben sinxela, ninguén o sabe, todo o que se di son especulacións, pero nada que saibamos a ciencia certa.
Galicia conta con dous idiomas, o castelán e o propio de Galicia, o galego.
A decadencia do galego comezou coa imposición do castelán por parte dos Reis Católicos e durante tres séculos vive como unha lingua popular e despreciada polas clases altas. No século XIX aparece o Rexurdimento, e grazas a esto o galego comeza a tomar poder, aínda que tivo moitos contratempos para poder a ser un dioma falado por todos.

Segundo os datos que nos presenta o IGE,  no ano 2013 o 41% dos galegos de 5 a 14 anos saben falar o galego moito, sin embargo o 60% dos galegos maiores de 65 manifestan tamén que o saben falar moito. Este é un dato alarmante, xa que nos datos que nos presenta IGE vemos como hai unha gran pérdida do galego nos últimos anos. Esto débese a que os país deixanllelo de transmitir aos fillos e cada vez é menos a xente que o fala. O único que vamos chegar a conseguir é que o galego acabe por desaparecer, algo tráxico porque son moitos os anos que se leva loitando para que esto non suceda. A xente debe de concenciarse de que todo depende de nós, e que non costa nada falar o galego e ensinalo aos nosos descendetes xa que deste xeito gañaremos mais cultura, porque como se soe decir: “O saber non ocupa lugar”.