Manuel
Castro Carneo foi tamén o meu bisavó, nacido no Xastal en Ferreira e tiña moitos irmáns. Casou con Victorina
Castro Luaces e foron vivir a un lugar que se chama A Nogueira, en Ferreira
tamén, e alí tiveron sete fillos, vivían da agricultura. O meu avó Modesto
Castro Castro naceu en 1932, con sete anos tuvo que ir traballar porque non
había medios para ir á escola e foi a traballar a unha casa en Ferreira de
xente rica e tiña que coidar das vacas e estivo alí ata os catorce anos, tiña
que ir todo o día para o monte a coidar das vacas e a buscar leña para facer o
lume, pola noite ensinábanlle a ler e
así foi como aprendeu. A partir dos catorce anos traballou cortando madeira. Con
18 anos tivo o seu primeiro fillo, aínda que nunca estivo coa nai do seu fillo,
o meu avó recoñeceuno e fíxose cargo del.
Despois chegou a hora de ir o servicio militar e tivo que ir a Zaragoza,
alí botou todo o tempo que durou o servizo porque non tiña carto para vir á
casa. De volta para a casa xa casou coa miña avoa, como xa contei anteriormente
e logo tiveron tres fillas, unha delas, a maior, miña nai.
Este blog foi creado para a asignatura de Historia de Galicia do IES Concepción Arenal
martes, 24 de noviembre de 2015
A pobreza sufrida antigamente
A
continuación vou falar dos meus antepasados maternos, Juan Romero Justo naceu
en Bouzamaior, en Igrexafeita, non sei a data exacta porque éste morreu cando
miña avoa tiña un mes. O meu bisavó foi á guerra a Marruecos, na cal sufreu
moito e lle deixou grandes secuelas. Cando regresou da guerra casou coa miña
bisavoa Josefa Luaces Naveiras, ésta nacida no Navallo en Igrexafeita, despois de
casar transladaronse a un lugar pertencente a Igrexafeita tamén, a Pedramaior (
lugar donde naceu miña nai) e alí tiveron cinco fillos. Despois o meu bisavó
morreu debido ás seculas que lle quedaron da guerra. Juan, un dos fillos, participo
na guerra civil entre León e Asturias, no medio dun tiroteo escapou e durante
meses non houbo noticias del, o que sembraba a incertidumbre de si estaba vivo
ou non porque nese frente houbo moitos falecidos. Despois de moito tempo
regresou a casa irrecoñecible, estaba desnutrido e con feridas, e os pes llagados
porque tivo que andar descalzo e refuxiarse polo monte e alimentabase do que
encontraba. Ao pouco tempo, un veciño do bando contrario deu un chivatazo de
que estaba na casa e veu a guardia civil a buscalo e a miña avoa e as súas
irmáns esconderono na fumeira e cada vez que alguén viña a casa ía refuxiarse
alí para que desta forma naide o descubrise porque senon ían fusílalo. Pasado o
tempo, a guerra finalizou e as cousas foron normalizándose pero chegou a
pobreza, a cal foi sufrida por eles que non tiñan para comer e sobrevivían
grazas ao traballo de costureira da miña bisavoa . A miña avoa e as súas irmáns
dedicabanse a traballar na terra e a costura. Juan, o que foi a guerra non
podía traballar porque tiña problemas de pulmón e o outro irmán José, xa
marchara antes de empezar a guerra para Cuba e alí casou e tivo duas fillas. En
Cuba dedicouse ao carbón. A miña avoa Josefa Romero Luaces casou co meu avó
Modesto Castro Castro, este casamento non era aprobado por ningún dos meus
bisavós porque miña avoa tiña 34 anos e meu avó 22 e tamén meu avó tiña un
fillo xa con outra muller. Ísto supuxo que tiveran que vivir nunha palleira
donde non había cama nin alimentos, un ano despois naceu miña nai e de berce
facia un caixon en donde se gardaba o tabaco e abrigabana con roupa deles,
poucos anos despois tiveron duas fillas máis e miña nai e miña tía tiñan que
durmir cos meus avós porque a miña outra tía durmia no berce e cando chovia
tiñan que poñerlle un paraugas para que non lle caera a auga e co paso do tempo
foron construíndo a casa na que viviron.
jueves, 5 de noviembre de 2015
O túnel de Montefurado
Montefurado
é unha parroquia de Quiroga, en Lugo. Está situada á beira do río Sil entre as
serras Manzaneda e Courel. Grazas ao río nesa zona pódese deleitar un
clima mediterráneo, con temperaturas baixas en inverno e altas no verán.
Este pobo é
coñecido polo túnel que recibe o mesmo nome que o pobo, aínda que é coñecido como
Boca do Monte polos aldeáns.
O túnel foi construído
no século II para desviar o cauce do río e poder extraer o ouro que arastraba
éste. É posible que para facer esta construcción os romanos talaran o monte que
había cerca. Os romanos estaban asentados nunha vila chamada Sesmil e dise que
os mouros expulsáronos de alí porque era tamén territorio deles e os romanos
eran os invasores.
O túnel tiña
120 metros de largo, pero en 1934 unha riada tirou gran parte del e ahora só
ten 52 metros. É unha das obras romanas máis importantes de Galicia.
domingo, 1 de noviembre de 2015
lunes, 26 de octubre de 2015
Os hórreos
Os hórreos son un rasgo característico de Galicia, son
construcións de pedra ou madeira e a súa función é para gardar as colleitas e
outros alimentos. Están elevados do chan para evitar a entrada de animais. As
colleitas gardábanse alí porque é un lugar donde non hai humidade.
Galicia é un lugar donde hai unha inmensa cantidade de
hórreos. Existen teorías de que os hórreos foron unha invención dos celtas pero
que os romanos os reformaron.
En Galicia existen tres tipos de hórreos: os hórreos de tipo
gallego-portugués, os de tipo asturiano e o hórreo de varas, aínda que éste é menos
frecuente.
Algúns hórreos galegos teñen consideración de Monumentos
históricos. Adoitan ter remates nos teitos, como por exemplo cruces,
campanarios, cálices, etc.
É posible que os conos cumpran a función de proteción e
advocación hacia vellas crenzas.
A cruz colocouse para conseguir a proteción das colleitas.
O pináculo sirve para protexerse contra os rayos, as meigas
e o demo.
domingo, 25 de octubre de 2015
sábado, 24 de octubre de 2015
A Cova de Eirós
A cova de
Eirós está situada en Lugo, é unha cova prehistórica de máis de 120.000 anos. Foi
descuberta nos anos oitenta. Nela encontráronse restos do Homo Neardental e do
Homo Sapiens. Tamén se encontraron restos do oso das cavernas que ten un
parentesco xenético co oso que habitaba en Francia. Ísto quere dicir que os
osos carvernarios se desplazaban de un lugar a outro debido a condicións
climáticas para así ter unha mellor supervivencia. Pero na Cova de Eirós encontráronse
tamén restos fósiles de outras especies como por exemplo, do león das cavernas,
rinocerontes, linces, etc.
Foi na cova
de Eirós donde se descubriron as primeiras pinturas de arte rupestre en
Galicia. Nas paredes identificaron debuxos de cabezas, contornos de animales,
líneas e signos. Pero as pinturas encóntrase difuminadas polo paso do tempo e
pola humidade que hai na cova.
Hai
hipótesis de que humanos de aquela época non vivían sempre alí, xa que se
encontraron fósiles de animales que posiblemente se refuxiaran alí cando a cova
non estaba habitada. Unha das causas de que
os neardentales fuxiran de alí pode deberse ao cambio climático, e como
consecuencia, que non houbese moita vexetación.
Outra causa
pode ser a presenza de animais carnívoros na zona que facía que estivesen en
perigo.
Na cova non
se encontraron moitos núcleos líticos, polo que se supón que as ferramentas
atopadas non se fabricaron alí, senón que foron traídas de outros lugares nos
que viviron antes.
domingo, 18 de octubre de 2015
A PREHISTORIA
A prehistoria é o período que abarca dende a evolución
humana ata os primeiros documentos escritos e consta das seguintes etapas.
- O Paleolítico: É o período máis antigo, nesta etapa o home era nómada, iba de un lado para outro porque a súa alimentación baseábase no que cazaba ou pescaba. Adoitaban estar cerca de ríos, xa que así tiñan auga cerca. Usaban ferramentas que elaboraban con pedras, ósos e madeira e facían pinturas rupestres. Os homes do neolítico foron os que descubriron o lume.
- Mesolítico: É o período de transición entre o paleolítico e o neolítico. Nesta época empezou a haber indicios de agricultura e animais domésticos, polo que comezaron a ter unha vida máis sedentaria. Comezaron a facer ferramentas máis elaboradas.
- Neolítico: Nesta etapa hai cambios no clima e comeza a agricultura, desta forma, a poboación comezou a asentarse e domesticaron algúns animais. Desarrollouse a aixada e os fouciños e a cerámica ten un papel importante, porque comezaron a facerse recipientes para conservar os alimentos durante máis tempo. Aparece tamén a cultura megalítica, que son construccións de pedras chamadas megalitos, que son tumbas en donde se enterraban aos membros dun grupo. Os dolmen e o menhir son exemplos de megalitos.
- Idade dos metáis: Esta estapa caracterízase polo uso de metáis
para elaborar armas e outros instrumentos. O desarrollo da metalúrxia comezou
co cobre, co paso do tempo foi
sustituído polo bronce e finalmente usaron o ferro. A agricultura e a gandería
seguía sendo a súa principal actividade económica, pero co desarrollo de novas
ferramentas tiñan máis tempo libre para dedicalo a outras cousas. Comezou a haber una diferencia social, de
xente que tiña máis posesións que outros, e construíronse templos, e palacios. Seguíronse usando monumentos megalíticos, para enterrar a
os membros do grupo, pero ahora de maneira individual, e para separar uns
territorios de outros.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















