A
continuación vou falar dos meus antepasados maternos, Juan Romero Justo naceu
en Bouzamaior, en Igrexafeita, non sei a data exacta porque éste morreu cando
miña avoa tiña un mes. O meu bisavó foi á guerra a Marruecos, na cal sufreu
moito e lle deixou grandes secuelas. Cando regresou da guerra casou coa miña
bisavoa Josefa Luaces Naveiras, ésta nacida no Navallo en Igrexafeita, despois de
casar transladaronse a un lugar pertencente a Igrexafeita tamén, a Pedramaior (
lugar donde naceu miña nai) e alí tiveron cinco fillos. Despois o meu bisavó
morreu debido ás seculas que lle quedaron da guerra. Juan, un dos fillos, participo
na guerra civil entre León e Asturias, no medio dun tiroteo escapou e durante
meses non houbo noticias del, o que sembraba a incertidumbre de si estaba vivo
ou non porque nese frente houbo moitos falecidos. Despois de moito tempo
regresou a casa irrecoñecible, estaba desnutrido e con feridas, e os pes llagados
porque tivo que andar descalzo e refuxiarse polo monte e alimentabase do que
encontraba. Ao pouco tempo, un veciño do bando contrario deu un chivatazo de
que estaba na casa e veu a guardia civil a buscalo e a miña avoa e as súas
irmáns esconderono na fumeira e cada vez que alguén viña a casa ía refuxiarse
alí para que desta forma naide o descubrise porque senon ían fusílalo. Pasado o
tempo, a guerra finalizou e as cousas foron normalizándose pero chegou a
pobreza, a cal foi sufrida por eles que non tiñan para comer e sobrevivían
grazas ao traballo de costureira da miña bisavoa . A miña avoa e as súas irmáns
dedicabanse a traballar na terra e a costura. Juan, o que foi a guerra non
podía traballar porque tiña problemas de pulmón e o outro irmán José, xa
marchara antes de empezar a guerra para Cuba e alí casou e tivo duas fillas. En
Cuba dedicouse ao carbón. A miña avoa Josefa Romero Luaces casou co meu avó
Modesto Castro Castro, este casamento non era aprobado por ningún dos meus
bisavós porque miña avoa tiña 34 anos e meu avó 22 e tamén meu avó tiña un
fillo xa con outra muller. Ísto supuxo que tiveran que vivir nunha palleira
donde non había cama nin alimentos, un ano despois naceu miña nai e de berce
facia un caixon en donde se gardaba o tabaco e abrigabana con roupa deles,
poucos anos despois tiveron duas fillas máis e miña nai e miña tía tiñan que
durmir cos meus avós porque a miña outra tía durmia no berce e cando chovia
tiñan que poñerlle un paraugas para que non lle caera a auga e co paso do tempo
foron construíndo a casa na que viviron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario