viernes, 12 de febrero de 2016

A mancha negra en Galicia

O 13 de novembro do 2002 ocorre un suceso que marca a todos os españois. Un petroleiro cargado con 77 mil toneladas de fueloil avisa a salvamento marítimo porque estaba en peligro de afundirse debido a unha rotura na estrutura. Os mariñeiros aseguraron que o buque chocou contra un obxecto que provocou dita rotura. O gobernó decide remolcar a embarcación mar adentro para evitar que se romperá fronte á costa, pero seis días despois o petroleiro parte en dous e afúndese a 250 km de Fisterra.

Os vertidos cubriron kilómetros de costa española no Atlántico e Cantábrico chegando incluso ata Francia e Portugal, pero a zona que se viu máis afectada foi a de Galicia.
Tanto aves como peixes víronse afectados por este suceso, morrendo unha cantidade enorme destes seres. O sector pesqueiro viuse afectado por ísto tamén tendo que parar as súas actividades.
Miles de voluntarios non só de España, se non de toda Europa transladáronse ás zonas afectadas para axudar a limpeza de chapapote nas praias.


Existen tamén asociacións que colaboraron para disminuir os efectos do prestige, como ADEGA, FEG, ADENA, e a conocida asociación NUNCA MÁIS, creada co obxetivo de evitar a repetición de desastres ecolóxicos en Galicia, o castigo dos responsables e a reparación dos danos.

Revolta Irmandiña

A Revolta Irmandiña foi unha revolta social que tivo lugar en Galicia entre 1467 e 1469. Comenzou nunha situación de conflito social e político.
Durante o siglo XV os nobres galegos sometían á poboación a roubos, violacións, e ao cobro de impostos. Tiñan á xente atemorizada, os campesinos non salían da casa por temor ao que lles puidese pasar. Os nobres organizaban roubos e saqueos de colleitas.
Éste suceso tivo lugar polo feito de que Galicia desde 1230 fora un territorio independente do reino de Castela. En 1464 Enrique IV nombrou heredeiro a Alfonso, o seu hermanastro. Meses máis tarde, os nobres nombraron rey de Castela a Alfonso, provocando unha guerra entre os dous bandos. Os nobres inclináronse polo bando de Alfonso e o pobo sigue no bando de Enrique IV. Enrique aprobou a hermandade do reino de Galicia.

Os Irmandiños derribaron os castelos e torres que había en Galicia porque non querían pagar as rentas e aproveitar o vacío do poder xerado pola Guerra Civil en Castela para levantar un novo poder.
Os irmandiños formaron exércitos para cometer un bloqueo ou batalla e a nobreza viuse obligada a huir a Portugal, pero o fin da guerra civil animou a os nobles de ambos bandos a acabar coa hermandade popular. En 1469 tres exercitos entran en Galicia e despois de varias batallas venceron a os Irmandiños e mataron a os seus líderes.

Aínda que os Irmandiños foron vencidos, entre 1467 e 1469 conseguiron que no seu reino houbese xustiza.

domingo, 7 de febrero de 2016

A heroína María Pita

María Pita é coñecida como a heroína da defensa da Coruña en 1589.


O 3 de maio de 1589 a cidade da Coruña era atacada polo pirata Francis Drake, a reina enviáraos en venganza polo ataque da Gran Armada. Drake contaba con 20.000 soldados, querían invadir Lisboa e arrebatarlle ao monarca español Portugal. 

Drake e a súa tropa pararon na Coruña, alí encontráronse coa sorpresa de que o pobo enteiro se levantara contra eles. Debido á explosión dunha mina que abreu unha brecha na muralla que defendía a cidade vella os ingleses conseguiron entrar. Cando un dos ingleses ía clavar a bandeira inglesa no alto da muralla, María Pita, arrodillada ante o cadáver do seu home, colleu a espada de éste, púxose de pe e dixo: “Quen teña honra, que me siga” e clavoulle a espada ao oficial. 



A causa da iniciativa que tomaron os Coruñeses e das baixas que supuxo este suceso para os ingleses, Drake veuse obligado a retirarse. Pola heroica acción de María Pita, Felipe II otorgoulle o cargo e sueldo vitalicico de alférez, privilegio que Felipe III prolongou para os seus heredeiros.

A rebelde Concepción Arenal

Ola! O meu nome é Concepción Arenal Fonte, nacín en Ferrol o 31 de enero de 1820. Son unha importante escritora española vinculada ao movemento feminista do século XIX. Son filla de Ángel Arenal Cuesta, un militar que sufriu represións pola súa ideoloxía liberal e por estar contra o réxime do absolutismo. A meu pai levárono preso sendo eu unha nena moi pequena, e nunha desas detencións meu pai enfermou e morreu, tendo eu tan só 9 anos. Este suceso foi algo que me marcou toda a miña vida e quizá por iso, son coñecida como unha muller rebelde.
Son unha muller que nalgún momento da miña vida me tiven que vestir de home para entrar á facultade, porque estaba vetada a entrada a mulleres, fíxeno contra a voluntade de miña nai, pero desta forma tiven a oportunidade de loitar contra o que se nos impoñía ás mulleres.
Grazas á firma do meu primeiro marido, puiden participar en concursos literarios, xa que eu como muller, non o podería facer, pero tempo despois de que o meu home morrera tiven que deixar de escribir no diario donde o facía, xa que se esixía a firma do meu home.
Uns anos máis tarde, o ministro de gobernación nomeoume visitadora da prisión de mulleres. Durante varios anos visitei as cárceres donde estaban mulleres alí ingresadas, son unha persoa que se compadece dos delincuentes, éste sentimento está relacionado coa morte de meu pai, xa que non puiden disfrutar del polo seu ingreso en prisión e a súa morte tan apresurada. Eu considero que meu pai foi encarcelado inxustamente e por iso, eu visito ás mulleres que están encarceladas, porque moitas están alí polas súas ideoloxías.

Hoxe, día 2 de enero de 1893 estou escribindo a miña historia, a miña vida, porque quizá dentro de moitos moitos anos encontredes éste borrador, donde quero deixar plasmado todo o que eu fixen e que ninguén se olvide da miña rebeldía. Rebeldía para intentar ter unha sociedade mellor, e para que as mulleres teñamos o mismo papel que os homes teñen. Espero e desexo que co paso dos anos, aínda que eu xa non estea presente, todos vós sigades loitando en contra de todas as inxustizas que se cometen e que vos sirva de exemplo o que eu fixen.