Ola! O meu nome é Concepción Arenal Fonte, nacín en Ferrol o
31 de enero de 1820. Son unha importante escritora española vinculada ao
movemento feminista do século XIX. Son filla de Ángel Arenal Cuesta, un militar
que sufriu represións pola súa ideoloxía liberal e por estar contra o réxime do
absolutismo. A meu pai levárono preso sendo eu unha nena moi pequena, e nunha
desas detencións meu pai enfermou e morreu, tendo eu tan só 9 anos. Este suceso
foi algo que me marcou toda a miña vida e quizá por iso, son coñecida como unha
muller rebelde.
Son unha muller que nalgún momento da miña vida me tiven que
vestir de home para entrar á facultade, porque estaba vetada a entrada a
mulleres, fíxeno contra a voluntade de miña nai, pero desta forma tiven a
oportunidade de loitar contra o que se nos impoñía ás mulleres.
Grazas á firma do meu primeiro marido, puiden participar en
concursos literarios, xa que eu como muller, non o podería facer, pero tempo
despois de que o meu home morrera tiven que deixar de escribir no diario donde
o facía, xa que se esixía a firma do meu home.
Uns anos máis tarde, o ministro de gobernación nomeoume
visitadora da prisión de mulleres. Durante varios anos visitei as cárceres
donde estaban mulleres alí ingresadas, son unha persoa que se compadece dos
delincuentes, éste sentimento está relacionado coa morte de meu pai, xa que non
puiden disfrutar del polo seu ingreso en prisión e a súa morte tan apresurada.
Eu considero que meu pai foi encarcelado inxustamente e por iso, eu visito ás
mulleres que están encarceladas, porque moitas están alí polas súas ideoloxías.
Hoxe, día 2 de enero de 1893 estou escribindo a miña historia,
a miña vida, porque quizá dentro de moitos moitos anos encontredes éste
borrador, donde quero deixar plasmado todo o que eu fixen e que ninguén se
olvide da miña rebeldía. Rebeldía para intentar ter unha sociedade mellor, e
para que as mulleres teñamos o mismo papel que os homes teñen. Espero e desexo
que co paso dos anos, aínda que eu xa non estea presente, todos vós sigades
loitando en contra de todas as inxustizas que se cometen e que vos sirva de
exemplo o que eu fixen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario