martes, 24 de noviembre de 2015

O meu avó materno

Manuel Castro Carneo foi tamén o meu bisavó, nacido no Xastal en Ferreira  e tiña moitos irmáns. Casou con Victorina Castro Luaces e foron vivir a un lugar que se chama A Nogueira, en Ferreira tamén, e alí tiveron sete fillos, vivían da agricultura. O meu avó Modesto Castro Castro naceu en 1932, con sete anos tuvo que ir traballar porque non había medios para ir á escola e foi a traballar a unha casa en Ferreira de xente rica e tiña que coidar das vacas e estivo alí ata os catorce anos, tiña que ir todo o día para o monte a coidar das vacas e a buscar leña para facer o lume,  pola noite ensinábanlle a ler e así foi como aprendeu. A partir dos catorce anos traballou cortando madeira. Con 18 anos tivo o seu primeiro fillo, aínda que nunca estivo coa nai do seu fillo, o meu avó recoñeceuno e fíxose cargo del.  Despois chegou a hora de ir o servicio militar e tivo que ir a Zaragoza, alí botou todo o tempo que durou o servizo porque non tiña carto para vir á casa. De volta para a casa xa casou coa miña avoa, como xa contei anteriormente e logo tiveron tres fillas, unha delas, a maior, miña nai.

No hay comentarios:

Publicar un comentario