sábado, 7 de mayo de 2016

San Sadurniño

San Sadurniño é un lugar pequeno, pero con moitos lugares que visitar. Para empezar, San Sadurniño é o lugar onde vivo dende que nacín, onde fun á escola e onde coñecín aos meus amigos. Aínda que moita xente se pregunte como podo vivir aquí, a resposta é moi sinxela, porque me gusta. 
Se nunca estivestedes alí, eu recomendaríavos que o visitarades. A continuación poderedes pinchar nun enlace para obter máis información.

viernes, 6 de mayo de 2016

Que é Galicia para min?

Pois ben, todos sabemos que Galicia é un lugar moi fermoso, no que podemos disfrutar das praias tan expectaculares e ademais, é un lugar idóneo para relaxarse, xa que gozamos de un amplo espazo natural.


Galicia é un lugar que moitas persoas desprezan, de feito, moita xente mira aos galegos por encima do hombro e deixannos como incultos porque pensan que falar galego ou vivir en Galicia non é prestixioso. Sin embargo, en Galicia hai moreas de cousas que nos fan importantes; temos a Catedral de Santiago de Compostela, onde miles de peregrinos visitan ao ano a cidade. En Galicia temos a sorte de contar con grandiosos escritores como Manuel Rivas por exemplo. Hai cienastas importantes como Xisela Franco, entre outras moitas.
Galica é o lugar idóneo para vivir, de feito, eu non me iria a vivir a outro sitio que non fora Galicia, a pesar de que a chuvia sempre se apodere do verán. É un lugar donde poido estar tranquila, sin a acumulación de persoas como en hai en Barcelona, Madrid e grandes superficies, aquí teño o meu espazo.



Claro está que hai cousas que non me gustan, o tempo por exemplo, porque o malo de Galicia non é que choiva en inverno, senón que tamén o faga no verán. Pero pese a todo eso, as cousas boas, compensan o malo. 

sábado, 16 de abril de 2016

O uso dos teléfonoso móbiles

Hoxe en día damoslle moita importancia ás novas tecnoloxías, xa ninguén sae da casa sin un teléfono móbil, todo o mundo ten un ordenador na casa e saben o que é internet.
No ano 2003, 29.000 nenos e nenas de entre 5 e 14 anos usaban teléfono móvil, comparámolo co ano 2007 que a cantidade subiu a 59.000. No ano 2015 un 67% de menores dispoñen de teléfono móbil, a medida que pasan os anos vemos como a cantidade vai subindo  o que quere decir, que dentro de unhos anos o 100% dos menores vaian a dispoñer do uso dos teléfonos móbiles ao seu antoxo.
O que se está conseguindo e que os nenos medren rodeados das novas tecnoloxías, o que non é malo sempre e cando se use con moderación, pero a mayor parte dos nenos o que fan e pasarse as horas xogando cos seus teléfonos móbiles, e deixan de saír á rúa a xogar cos seus compañeiros ou deixan de estudar.
Chegará un momento no que deixemos de comunicarnos entre nós e soamente o faremos a través de un obxeto, nas familias cada vez é menor a comunicación, e entre os amigos tamén.

Se queremos que dentro de 20 anos, ou incluso menos, estemos rodeados de móbiles, e se acabe a comunicación, estamolo a conseguir, e é unha pena.



Realmente é necesario chegar a tal extremo? Está nas nosas mans cambiar a situación, aínda estamos a tempo.

Que pasará co galego?

A pregunta que todos nos estamos a facer. Que pasará en Galicia dentro de 30 anos?
Pois a resposta é ben sinxela, ninguén o sabe, todo o que se di son especulacións, pero nada que saibamos a ciencia certa.
Galicia conta con dous idiomas, o castelán e o propio de Galicia, o galego.
A decadencia do galego comezou coa imposición do castelán por parte dos Reis Católicos e durante tres séculos vive como unha lingua popular e despreciada polas clases altas. No século XIX aparece o Rexurdimento, e grazas a esto o galego comeza a tomar poder, aínda que tivo moitos contratempos para poder a ser un dioma falado por todos.

Segundo os datos que nos presenta o IGE,  no ano 2013 o 41% dos galegos de 5 a 14 anos saben falar o galego moito, sin embargo o 60% dos galegos maiores de 65 manifestan tamén que o saben falar moito. Este é un dato alarmante, xa que nos datos que nos presenta IGE vemos como hai unha gran pérdida do galego nos últimos anos. Esto débese a que os país deixanllelo de transmitir aos fillos e cada vez é menos a xente que o fala. O único que vamos chegar a conseguir é que o galego acabe por desaparecer, algo tráxico porque son moitos os anos que se leva loitando para que esto non suceda. A xente debe de concenciarse de que todo depende de nós, e que non costa nada falar o galego e ensinalo aos nosos descendetes xa que deste xeito gañaremos mais cultura, porque como se soe decir: “O saber non ocupa lugar”.

sábado, 12 de marzo de 2016

A Miss España galeguista

Algúns de vós estaredesvos a preguntar quen foi Emilia Docet, pois ben, Emilia Docet foi unha galega un pouco peculiar. Emilia era descoñecida ata 1933 que foi elexida Miss España. Emilia tiña dezasete anos nese momento e con esa idade comezou a ser coñecida, algo que naquela época era difícil para unha muller. Tras  ser elexida Miss España implicouse co Partido Galeguista e levaba no peito unha insignia de ouro do Partido Galeguista, Emilia dicía que todas as mulleres deberían levala. A súa participación  en actos progaleguistas, e as súas entrevistas afirman que Emilia estivo vinculada con Partido Galeguistas aínda que agora algúns xornais digan o contrario.
Ao comenzo da Guerra Civil, Emilia Docet deixa todo o que ten que ver coa súa relación co galeguismo.

Emilia foi unha muller que loitou polas súas ideas e ante todo, unha gran defensora do galego.