Hoxe en día damoslle moita importancia ás novas tecnoloxías,
xa ninguén sae da casa sin un teléfono móbil, todo o mundo ten un ordenador na
casa e saben o que é internet.
No ano 2003, 29.000 nenos e nenas de entre 5 e 14 anos usaban
teléfono móvil, comparámolo co ano 2007 que a cantidade subiu a 59.000. No ano
2015 un 67% de menores dispoñen de teléfono móbil, a medida que pasan os anos
vemos como a cantidade vai subindo o que
quere decir, que dentro de unhos anos o 100% dos menores vaian a dispoñer do
uso dos teléfonos móbiles ao seu antoxo.
O que se está conseguindo e que os nenos medren rodeados das
novas tecnoloxías, o que non é malo sempre e cando se use con moderación, pero
a mayor parte dos nenos o que fan e pasarse as horas xogando cos seus teléfonos
móbiles, e deixan de saír á rúa a xogar cos seus compañeiros ou deixan de
estudar.
Chegará un momento no que deixemos de comunicarnos entre nós
e soamente o faremos a través de un obxeto, nas familias cada vez é menor a
comunicación, e entre os amigos tamén.
Se queremos que dentro de 20 anos, ou incluso menos, estemos
rodeados de móbiles, e se acabe a comunicación, estamolo a conseguir, e é unha
pena.
Realmente é necesario chegar a tal extremo? Está nas nosas mans cambiar a situación, aínda estamos a tempo.


No hay comentarios:
Publicar un comentario