sábado, 16 de abril de 2016

Que pasará co galego?

A pregunta que todos nos estamos a facer. Que pasará en Galicia dentro de 30 anos?
Pois a resposta é ben sinxela, ninguén o sabe, todo o que se di son especulacións, pero nada que saibamos a ciencia certa.
Galicia conta con dous idiomas, o castelán e o propio de Galicia, o galego.
A decadencia do galego comezou coa imposición do castelán por parte dos Reis Católicos e durante tres séculos vive como unha lingua popular e despreciada polas clases altas. No século XIX aparece o Rexurdimento, e grazas a esto o galego comeza a tomar poder, aínda que tivo moitos contratempos para poder a ser un dioma falado por todos.

Segundo os datos que nos presenta o IGE,  no ano 2013 o 41% dos galegos de 5 a 14 anos saben falar o galego moito, sin embargo o 60% dos galegos maiores de 65 manifestan tamén que o saben falar moito. Este é un dato alarmante, xa que nos datos que nos presenta IGE vemos como hai unha gran pérdida do galego nos últimos anos. Esto débese a que os país deixanllelo de transmitir aos fillos e cada vez é menos a xente que o fala. O único que vamos chegar a conseguir é que o galego acabe por desaparecer, algo tráxico porque son moitos os anos que se leva loitando para que esto non suceda. A xente debe de concenciarse de que todo depende de nós, e que non costa nada falar o galego e ensinalo aos nosos descendetes xa que deste xeito gañaremos mais cultura, porque como se soe decir: “O saber non ocupa lugar”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario