sábado, 24 de octubre de 2015

A Cova de Eirós




A cova de Eirós está situada en Lugo, é unha cova prehistórica de máis de 120.000 anos. Foi descuberta nos anos oitenta. Nela encontráronse restos do Homo Neardental e do Homo Sapiens. Tamén se encontraron restos do oso das cavernas que ten un parentesco xenético co oso que habitaba en Francia. Ísto quere dicir que os osos carvernarios se desplazaban de un lugar a outro debido a condicións climáticas para así ter unha mellor supervivencia. Pero na Cova de Eirós encontráronse tamén restos fósiles de outras especies como por exemplo, do león das cavernas, rinocerontes, linces, etc.


Foi na cova de Eirós donde se descubriron as primeiras pinturas de arte rupestre en Galicia. Nas paredes identificaron debuxos de cabezas, contornos de animales, líneas e signos. Pero as pinturas encóntrase difuminadas polo paso do tempo e pola humidade que hai na cova.


Hai hipótesis de que humanos de aquela época non vivían sempre alí, xa que se encontraron fósiles de animales que posiblemente se refuxiaran alí cando a cova non estaba habitada. Unha das causas de que  os neardentales fuxiran de alí pode deberse ao cambio climático, e como consecuencia, que non houbese moita vexetación.
Outra causa pode ser a presenza de animais carnívoros na zona que facía que estivesen en perigo.
Na cova non se encontraron moitos núcleos líticos, polo que se supón que as ferramentas atopadas non se fabricaron alí, senón que foron traídas de outros lugares nos que viviron antes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario