domingo, 6 de marzo de 2016

Muller e productora, Chelo Loureiro, un gran exemplo

Vivimos nun lugar en donde non apreciamos as cousas boas que temos, como por exemplo o cine. Damoslle máis importancia ao de fora, vemos películas que nin son españolas e desta forma, o que facemos é empobrecer a nosa cultura. En Galicia hai unha gran cantidade de cineastas que non coñecemos pero non por iso menos importantes. Por outro lado, ás mulleres en xeral, non se lles da importancia neste ámbito, o 80% das películas están dirixidas ou procucidas por homes, ao igual que o guión, tamén escrito por homes. Como consecuencia disto, naceu CIMA, unha Asociación de mulleres cienastas e de medios audiovisuales, que pretende que se lle de á muller o seu lugar na cultura. Chelo Loureiro é a delegada de Cima en Galicia é productora especializada en cine de animación. Como productora puido levar a cabo series para tv, cortos e largometraxes que foron gañadores de diversos premios. Chelo Loureiro estivo nominada varias veces aos Goya, unha das veces cunha peza que está inspirada na ría ferrolá, “O xigante”.
“A tropa de trapo na selva do arco da vella” é outra das súas produccións candidata ao premio Platino á mellor película de animación.

Por iso hai que facer o posible para que mulleres como Chelo sexan igual de coñecidas que calquer outro productor de cine, porque aínda que sexa muller, ten a mesma importancia e pode facer igualmente o traballo. De feito, os seus méritos ten, xa que foi nominada catro veces aos Goya, e iso é porque é unha gran profesional.


No hay comentarios:

Publicar un comentario